Segundo o artigo 7 da Lei de Transparencia, as Administracións Públicas, no ámbito das súas competencias, publicarán:

  1. As directrices, instrucións, acordos, circulares ou respostas a consultas expostas polos particulares ou outros órganos na medida en que supoñan unha interpretación do Dereito ou teñan efectos xurídicos.
  2. Os Anteproxectos de Lei e os proxectos de Decretos Lexislativos cuxa iniciativa lles corresponda, cando se soliciten os ditames aos órganos consultivos correspondentes. No caso en que non sexa preceptivo ningún ditame a publicación realizarase no momento da súa aprobación.
  3. Os proxectos de Regulamentos cuxa iniciativa lles corresponda. Cando sexa preceptiva a solicitude de ditames, a publicación producirase unha vez que estes fosen solicitados aos órganos consultivos correspondentes, sen que iso supoña necesariamente a apertura dun trámite de audiencia pública.
  4. As memorias e informes que conformen os expedientes de elaboración dos textos normativos, en particular, a memoria da análise de impacto normativo regulada por el Real Decreto 1083/2009, do 3 de xullo.
  5. Os documentos que, conforme á lexislación sectorial vixente, deban ser sometidos a un período de información pública durante a súa tramitación.

En virtude deste artigo, publicaranse para o seu coñecemento pola veciñanza no período de exposición pública aprobacións ou modificacións de regulamentos, ordenanzas fiscais, orzamentos, etc.

DOCUMENTOS DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN ALEGACIÓNS/PROPOSTAS WORD/LIGAZÓNS
Conta Xeral do Orzamento 2016 14 de xullo de 2017
(prazo rematado)
IR Á LIGAZÓN Anuncio aprobación inicial Conta Xeral 2016
Aprobación inicial do orzamento 2017 21 de agosto de 2017
(prazo rematado)
IR Á LIGAZÓN Anuncio aprobación inicial Orzamento 2017
Aprobación provisional da ordenanza reguladora dos instrumentos de intervención municipal e de regulación integrada do exercicio de
actividades e apertura de establementos
5 de decembro de 2017
(prazo rematado)
IR Á LIGAZÓN Anuncio aprobación inicial Ordenanza reguladora dos instrumentos de intervención municipal e de regulación integrada do exercicio de actividades e apertura de establementos
Aprobación provisional da modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica 5 de decembro de 2017
(prazo rematado)
IR Á LIGAZÓN Anuncio aprobación inicial modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica
Aprobación inicial do Regulamento do Consello Municipal da Infancia e da Adolescencia 25 de xuño de 2018
(prazo rematado)
IR Á LIGAZÓN Anuncio aprobación inicial do Regulamento do Consello Municipal da Infancia e da Adolescencia
IR Á LIGAZÓN Anuncio aprobación definitiva do Regulamento do Consello Municipal da Infancia e da Adolescencia
Aprobación inicial da modificación da Ordenanza reguladora da venda ambulante 25 de xuño de 2018
(prazo rematado)
IR Á LIGAZÓN Anuncio aprobación inicial da modificación da Ordenanza reguladora da venda ambulante
Información pública da conta xeral do orzamento 2017 23 de xullo de 2018
(prazo rematado)
IR Á LIGAZÓN Información pública da conta xeral do orzamento 2017