O Concello de Carnota non ten aprobado na actualidade un Plan estratéxico ou director aprobado, como medio de execución e avaliación  das accións que se leven a cabo. Para facer un seguimento das actuacións municipais, analizaranse os programas de gasto orzamentados e executados.

Nos orzamentos aprobados polo Concello, recóllese unha previsión dos gastos a executar ao longo do exercicio económico, ditos gastos estrutúranse seguindo a clasificación contable. A clasificación por programas do orzamento de gastos informa sobre a finalidade dos créditos que se teñan orzamentado e os obxectivos que con eles proponse alcanzar, sendo a principal clasificación dos créditos orzamentarios.