¿Como podo participar nun Pleno?

O Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamiento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, no título VII, Capítulo II, artigo 228 expón que:

  1. Asociacións ou entidades: Cando algunha das asociacións ou entidades municipais desexe efectuar unha exposición ante o Pleno en relación con algún punto da orde do día en cuxa previa tramitación administrativa interviñese como interesado, deberá solicitalo ao Alcalde antes de comezar a sesión. Coa autorización deste e a través dun único representante, poderá expoñer o seu parecer durante o tempo que sinale o Alcalde, con anterioridade á lectura, debate e votación da proposta incluída na orde do día.
  1. Público asistente: Terminada a sesión do Pleno, o Alcalde pode establecer unha quenda de rogos e preguntas polo público asistente sobre temas concretos de interese municipal. Corresponde ao Alcalde ordenar e pechar esta quenda.

Este punto ven regulado polo Real Decreto 2568/1986 artigo 227 e seguintes.

 

¿Como podo facer unha consulta de información?

Ao abeiro da Lei de Transparencia, calquera cidadá ten dereito de acceso á información á información pública, cos límites contidos na propia Lei (artigos 14-16). Non é obrigatorio motivar a solicitude

Se vostede desexa facer unha consulta, deberá dirixir a súa solicitude ao Alcalde-Presidente do Concello de Carnota, incluindo a seguinte información:

  1. a) A identidade do solicitante
  2. b) A información que se solicita

c)Unha dirección de contacto, preferentemente electrónica, a efectos de comunicación

  1. d) No seu caso, a modalidade que se prefira para acceder á información solicitada

Non é obrigatorio motivar a solicitude. Con todo, poderá expoñer os motivos polos que solicita a información e que poderán ser tidos en conta cando se dite a resolución. Con todo, a ausencia de motivación non será por se soa causa de rexeitamento da solicitude.

Na actualidade, as solicitudes deben realizarse a través da instancia tipo no rexistro xeral do Concello (sito no Concello) ou vía rexistro dixital na sede electrónica.

Nas segintes ligazóns ten toda a documentación necesaría á súa disposición:

IR Á LIGAZÓN Sede electrónica do Concello de Carnota


DESCARGA WORD Instancia Xeral