MEMBROS

Consonte o que dispoñen os artigos 21.2 e 3 e 23.1, 3 e 4 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local (en diante, LBRL), 61.2, 62 e 65 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia (en diante, LALG), e 43 e seguintes do Regulamento de organización e funcionamento das corporacións locais (en diante, ROF), e Resolución de Alcaldía de data 18.06.2015, a Xunta de Goberno Local queda constituida polo seguintes membros:

Alcalde- Presidente: D. Ramón Noceda Caamaño

Iván Franco Caamaño

D.ª Belén Campos Díaz

Jorge Fiuza Barreiro

 FUNCIÓNS

Delegar na Xunta de Goberno Local o exercicio das seguintes competencias da Alcaldía:

  1. Autorización e disposición de gastos, e o recoñecemento de obrigacións que superen a contía de 6.000,00 €.
  1. Aprobación de bases reguladoras de convocatorias, concesións e xustificación de subvencións a terceiros.
  1. Aceptación de subvencións outorgadas a favor do Concello.
  1. Aprobación de listas de contribuíntes de tributos e prezos públicos municipais, resolución de recursos contra os actos de xestión tributaria, e anulación de recibos; e a concesión de exencións do imposto municipal de vehículos de tracción mecánica.
  1. Aprobar a oferta de emprego público con suxeición ó orzamento e ó cadro de persoal aprobados polo Pleno da Corporación, as bases das probas de selección do persoal funcionario e laboral, e das bases para a provisión de postos de traballo.
  1. O nomeamento do persoal funcionario e laboral, e o exercicio das potestades organizatoria e disciplinaria en materia de persoal, coas limitacións que sobre atribucións indelegables prevé a LBRL.
  1. Aprobar os proxectos de obras e servizos que lle competan ó alcalde e cando lle corresponda a súa contratación de conformidade co que dispón o apartado seguinte.
  1. A contratación de calquera clase de obras, xestión de servizos públicos, subministracións, consultoría e asistencia ou servizos, que lle competen ó alcalde, non sendo as que se tramiten como contratos menores ou en casos de urxencia.
  1. A adquisición e o alleamento de bens e dereitos que lle corresponden ó alcalde e que teñan un valor superior a 3.000,00 €.
  1. Aprobar os criterios e normas sobre a xestión dos servizos públicos, cando non lle correspondan ó Pleno.
  1. Aproba-los instrumentos de planeamento que desenvolvan o plan xeral, os intrumentos de xestión urbanística e os proxectos de urbanización, cando non lle correspondan ó Pleno.
  1. Outorgar as licenzas urbanísticas de obras e de actividades e coñecer das comunicacións previas nesas materias, e informar nos procedementos de construcións e instalacións en solo rústico.
  1. A declaración de ruína dos inmobles, as ordes de execución de obras e as decisións sobre reposición da legalidade e sancionadoras en materia de disciplina urbanística, non sendo en casos de urxencia.
  1. A resolución de toda clase de procedementos sancionadores que se tramiten por infraccións graves ou moi graves previstas nas ordenanzas municipais e, en xeral, no resto do ordenamento xurídico.
  1. O outorgamento, autorización de transmisión e declaración de caducidade das licenzas de autotaxi.
  1. O outorgamento de autorizacións para o uso ou aproveitamento especial e privativo do dominio público, cando non lle correspondan ao Pleno.
  1. Os plans xerais de actuación das diversas áreas municipais e a programación temporal da súa execución, sen prexuízo das competencias que lle correspondan ó Pleno da Corporación.