FUNCIÓNS XERAIS DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS

En xeral, e segundo o artigo 122 da Lei 7/1985 do 2 de abril de 1985 (LBRL), as funcións das comisións informativas serán:

  1. O estudo, informe ou consulta dos asuntos que haxan de ser sometidos á decisión do Pleno.
  1. O seguimento da xestión do Alcalde e do seu equipo de goberno, sen prexuízo do superior control e fiscalización que, con carácter xeral, correspóndelle ao Pleno.
  1. Aquelas que o Pleno lles delegue, de acordo co disposto nesta lei.

En todo caso, serán de aplicación a estas Comisións as previsións contidas para o Pleno no artigo 46.2, parágrafos b), c) e d).