Na seguinte ligazón pode consultarse a plantilla técnica completa do Concello de Carnota para 2016, tanto de persoal funcionario como de persoal laboral, aprobada definitivamente polo Pleno en sesión de 22 de abril de 2016. Pode consultalo na seguinte ligazón:


VER PDF Plantilla municipal


DESCARGA WORD Plantilla municipal

O Pleno do Concello, na sesión extraordinaria do 14 de decembro de 2015 aprobou inicialmente o organigrama administrativo municipal e relación de postos de traballo.

Logo de ser obxecto de alegacións, resultou aprobado definitivamente como se publicou no BOP do 18 de marzo de 2016 (nº 53). Pode consultalo na seguinte ligazón:


VER PDF Relación de Postos de Traballo 2016


DESCARGA WORD Relación de Postos de Traballo 2016

O convenio colectivo do Concello de Carnota (código convenio 1503102) entrou na Delegación Provincial da Consellería de Traballo o día 6 de xuño de 2007, complementado o 4 de xullo de 2007 e subscrito pola parte económica polo Concello de Carnota e pola parte social polo comité de empresa o día 12 de maio de 2007, ratificado polo Pleno da corporación o 23 de maio de 2007, de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, Real decreto 1040/81, do 22 de maio, sobre Rexistro e Depósito de Convenios Colectivos de Traballo e Real decreto 2412/82, de 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, ordeouse a súa inscripción no Libro Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo, obrante na Delegación Provincial, o 6 de xullo de 2007.

A publicación definitiva do Convenio Colectivo realizouse o 27 de xullo de 2007 no Boletín Oficial da Porvincia Nº 172


VER PDF Convenio Colectivo do persoal laboral ao servizo do Concello de Carnota 2017


DESCARGA WORD Convenio Colectivo do persoal laboral ao servizo do Concello de Carnota 2017

Con data 7 de decembro de 2017, publicouse no DOG nº 232 a resolución do 27 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2018.

No caso do Concello de Carnota, as datas dos festivos locais son:

  • 13 de febreiro, Martes de Entroido
  • 7 de decembro, festa local de Carnota

IR Á LIGAZÓN DOG nº 175 festas laborais da Comunidade Autónoma de Galicia 2018

IR Á LIGAZÓN DOG nº 232 festas laborais de carácter local 2018